O PP de Viveiro pedirá no pleno instar ao Goberno central a que “impulse o FEVE na Mariña”

AMariñaXa
O PP de Xove refórzase de cara as eleccións cunha executiva que compaxina veteranía e novas incorporacións e é representativa das parroquias
Apeadoiro de Pontelabrada no casco de Viveiro
25 Out 2023

O Grupo Municipal Popular de Viveiro pedirá no vindeiro pleno que o Concello inste ao Goberno central a impulsar o servizo ferroviario de FEVE na Mariña. “Desde o Partido Popular queremos que Viveiro se desenvolva e conecte” e, polo tanto, “instaremos á corporación a que o Concello chame ás portas do Goberno para que, finalmente, desenvolva un plan estratéxico para adaptación e mellora dos convois que circulan por esta liña de ancho métrico e, ao mesmo tempo, recupere horarios e frecuencias”. Igualmente, piden que “o Goberno outorgue as mesmas medidas compensatorias a Galicia que as anunciadas para Asturias e Cantabria para minimizar os prexuízos derivados do atraso na renovación dos trens”.

A portavoz, Mariña Gueimunde, sinala que “todas as infraestruturas son necesarias para intercomunicar o noso Concello tanto coa comarca da Mariña, a comarca de Ferrolterra ou a comunidade asturiana”. Pero, lamentablemente, en Viveiro o servizo de transporte ferroviario -antes coñecido como de vía estreita e agora de ancho métrico- “non se axusta ás necesidades e demandas dos usuarios nin serve para comunicar, sequera, co concello veciño”.

A popular incide en que “non hai servizo en horarios suficientes de ida e volta, nin persoal que o atenda, nin os convois son modernos nin cómodos nin accesibles”. Para Gueimunde “temos un servizo público que podería ser utilizado, sequera, para achegarse ao Hospital da Costa, pero que a día de hoxe está obsoleto”.

De feito, lembra que presenta recoñecidas deficiencias: continuos atrasos, avarías, cancelacións, falta de persoal, eternas viaxes de percorrido interminable, interrupcións de servizos, traslados inoportunos en buses ou taxis, desprendementos de terra, etc”. A este respecto, os populares engaden que “a falta de inversións e melloras somerxen a esta liña nun proceso de práctico desmantelamento que a reducen a unha presenza testemuñal desprovista de funcionalidade como transporte público”.

ATRASO NA ENTREGA DE MATERIAL E PREXUÍZOS A GALICIA

A situación da liña de FEVE na Mariña viuse agravada cando se constatou que o Goberno de España ía incumprir o seu compromiso de renovación da frota no ferrocarril de vía estreita a raíz do erro nos cálculos nos gálibos da infraestrutura dos novos trens, o que provocará un atraso considerable na chegada dos novos convois, como mínimo de tres anos, segundo as previsións que baralla o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. “Este atraso na entrega do material rodante para o servizo operado pola antiga Feve é un agravio máis para os intereses de Galicia e da comarca, que a estas alturas, aínda non recuperou os servizos cancelados por mor da pandemia sanitaria”, expoñen os populares.

Á lista hai que sumar, o anuncio da titular do Mitma de que en Asturias e Cantabria o servizo será gratuíto como medida compensatoria pola tardanza na entrega dos novos trens. De feito, comprometeu a transferencia dos recursos necesarios ás dúas comunidades autónomas para bonificar o seus servizos de cercanías ata o 2026, é dicir, para calmar a indignación de Asturias e Cantabria o Goberno central tira de recursos públicos para tentar rebaixar a tensión das críticas; pero desvincula a Galicia das bonificacións, sendo tamén prexudicada e afectada polo atraso na incorporación dos novos trens á frota da rede de ferrocarrís de ancho métrico.

Outro dos prexuízos do Goberno con Galicia e, concretamente, coa provincia de Lugo é que “a nosa provincia quedou fóra da rede da alta velocidade, mentres que en Asturias comezará a operar a finais deste ano”.

0.18808698654175