O PP de Viveiro alerta de que o 100 % do cadro de persoal da Policía Local acábase de poñer de baixa

AMariñaXa
O Grupo Municipal do PP de Viveiro alerta de que o 100 % do cadro de persoal da Policía Local acábase de poñer de baixa.
1 Mar 2024

O Grupo Municipal do PP de Viveiro alerta de que o 100 % do cadro de persoal da Policía Local acábase de poñer de baixa. Para a voceira desta formación, Mariña Gueimunde, esta situación “é consecuencia do que viñamos advertindo dende hai meses, é dicir, do pasotismo dunha alcaldesa que ten a Viveiro agonizando”.

“Isto é algo que non se pode tolerar”, polo que, subraia, “cómpre depurar responsabilidades e incluso que se produzan dimisións no equipo de goberno”, pois “estamos ás portas da Semana Santa -época na que a cidade se enche de visitantes- e non dispor de efectivos nin pola tarde, nin pola noite é un auténtico perigo”.

“ISTO NON TEN MÁIS PARA ONDE IR”

A totalidade da plantilla presentou a baixa por sofrir cadros de ansiedade e depresión por mor da situación que estan a pasar dende hai tempo, tal e como advertiron en reiteradas ocasións mentres o goberno local -PSOE+BNG- mirou para outro lado. “Non se tomaron medidas e así estamos”. E é que, segundo explica, a drástica situación deste servizo non se debe ás retribucións, nen á falta de axentes que suplen con profesionalidade e dedicación, senón a que “non se senten dignificados no seu traballo, nin apoiados polo goberno local nas súas queixas y reivindicacións ao respecto do clima tan tóxico que se está a respirar no corpo por mor das actuacións irracionais ás que se ven sometidos.O xefe do servizo tamén está de baixa. Estamos totalmente desamparados” remarca a voceira do PP.

Neste senso, pregúntase qu foi da promesa do BNG de restablecer a quenda polas noites. “Non só non temos efectivos polas noites, senón que, coa chegada do BNG, agora tampouco temos axentes polo día, e a pesares de todo isto pretende incrementarlles o traballo como vixiantes de rúas, estradas e agora de praias”, advirte.

“Temos un corpo de Policía Local rexuvenecido, apto, amable e próximo aos problemas dos cidadáns, e que na historia deste concello sempre xogou un papel importante na seguridade e no benestar dos e das viveirenses. E aínda que somos conscientes de que faltan efectivos, tamén debemos recordar que, no seu día, se desaproveitou a oportunidade de empregar a taxa de reposición para incrementar a plantilla, polo que agora están moi condicionados”, sinala Gueimunde.

“IRSE POLA PORTA GRANDE”

“O que non se pode consentir é que xurda calquera problema cidadá e que quedemos ao descuberto e totalmente desprotexidos como estamos nestes momentos pola mala xestión dun goberno bipartito mal avenido”. Por este motivo, a popular pide á alcaldesa, a máxima responsable do Concello e da Policía Local, que “se non sabe, que deixe facer”. “Sería un exercicio responsable dende o punto de vista político por parte da socialista dar un paso atrás e irse pola porta grande”, conclúe.

0.17314100265503