O PP de Trabada traslada que se lles nega o uso da palabra "pleno tras pleno"

AMariñaXa
Os populares critican "as malas formas" do alcalde e esixenlle "un cambio de rumbo"
Trabada-PP-concelleiros-2023
2 Dec 2024

Os concelleiros do PP de Trabada critican “as malas formas” do alcalde. Afirman que, pleno tras pleno: “Limita os nosos dereitos como concelleiros, negándonos o uso da palabra, non respondendo ao que se lle pregunta e empregando as quendas de palabra para atacarnos en lugar de para facilitar a información que se lle solicita”.

O voceiro municipal, José María Fernández, esixe ao rexedor “un cambio de rumbo” xa que “está a menoscabar os nosos dereitos como representantes públicos” e “do mesmo xeito que di que nós temos que cumprir as normas que rexen os plenos, el tamén o ten que cumprir”.

Neste senso, José María Fernández recomenda ao alcalde que “comece a ter responsabilidade no cargo e comece a responder ao que se lle pregunta en lugar de empregar esas quendas para atacar ao Grupo Municipal do PP e a min persoalmente. Basta xa de faltas de respecto”, sentenciou.

“As normas que rexen o pleno son as mesmas para todos e está totalmente fóra de lugar que o alcalde faga o que lle dea a gana coas quendas de palabra e que, cando nós temos o uso da palabra ameace con cortarnos o micrófono senón nos rexemos polas normas que a el lle interesan nese momento”, afirmou.

0.18227887153625