O PP de Trabada pide ao novo alcalde que esixa á Deputación o mantemento da estrada LU-P-6103

AMariñaXa
O PP de Trabada inclúe no seu programa electoral a concesión de axudas directas ás persoas que emprendan no rural
Jose Maria Fernandez   portavoz PP Trabada
2 Feb 2024

O PP de Trabada pide ao novo alcalde que esixa á Deputación o mantemento da estrada LU-P-6103 tras producirse un novo accidente de circulación.

O voceiro popular de Trabada, José María Fernández, lamenta “a nula atención que sempre tivo a anterior alcaldesa” coas necesidades dos trabadenses e agarda que “o novo alcalde teña a sensibilidade suficiente para reclamar á Deputación de Lugo o arranxo e repintado” desta estrada provincial.

A estrada LU-P-6103 é unha vía moi empregada polos veciños de Trabada xa que é a principal conexión deste municipio co Hospital da Mariña e que tamén presenta problemas de falta de visibilidade, sendo por momentos case imposible circular por ela. “É unha mágoa que dende o goberno local do Concello de Trabada sigan a permitir que se produzan accidentes, o que demostra a nula preocupación que teñen por garantir a seguridade viaria no municipio”, denunciou.

José María Fernández recorda que o arranxo e repintado desta vía xa se solicitou varias veces no pleno do Concello de Trabada, ademais de pedirse no pleno da Deputación de Lugo o pasado mes de xullo, “pero vemos como para os socialistas a seguridade viaria non é unha prioridade”.

0.039324998855591