O PP de Trabada celebra o curso de primeiros auxilios en San Julián de Sante

AMariñaXa
Unha iniciativa que contou con 20 asistentes para adquirir estes coñecementos que consideran fundamentais
PP-Trabada-Segunda-xornada-cursos-primeiros-auxilios
15 Nov 2024

O PP de Trabada celebrou coa asociación de Veciños de San Julián de Sante o segundo curso de primeiros auxilios, trala celebración do primeiro o pasado 24 de outubro.

O voceiro popular, José María Fernández, destacou que neste segundo curso participaron unhas vinte persoas. “Trátase dunha iniciativa que o PP de Trabada puxo a disposición de todos os veciños ante a boa acollida que tivo o primeiro e porque este tipo de coñecementos son fundamentais hoxe en día, sobre todo en municipios pequenos e con dispersión de poboación”, sinalou.

José María Fernández quixo agradecer “a gran disposición e as ganas de aprender que amosaron todos os participantes” e tamén fixo especial fincapé “no apoio que nos deron dende AFAMMER para facilitar a celebración destes cursos”.

Por último, o voceiro popular destacou que “seguimos traballando para dar resposta ás peticións que nos realizan os veciños, sobre todo neste tipo de actuación xa que están moi preocupados por aprender estas técnicas de axuda en momentos de emerxencia”.

 

 

 

 

0.16554808616638