O PP de Ribadeo reclama ao Goberno do BNG a contestación a un escrito da Asociación de Veciños de Ove

AMariñaXa
O PP de Ribadeo reclama ao goberno do BNG a contestación a un escrito presentado pola Asociación de Veciños de Ove
camino parroquia ove ribadeo fochanca 2
camino parroquia ove ribadeo fochanca 2
12 dic 2022

O grupo municipal popular de Ribadeo reclama ao goberno do BNG a contestación a un escrito presentado pola Asociación de Veciños de Ove en relación as necesidades máis urxentes da parroquia ribadense. 

Para os populares é a obriga dun representante público estar en contacto e dar respostas aos problemas que teñen os veciños, e sobre todo nas parroquias que están totalmente abandonadas. 

“Desde o noso grupo entendemos que temos que estar ao lado dos veciños e estar en contacto permanente con eles e coa asociación, pois ao final esa é a nosa forma de traballo. Nós vamos a intentar axudarlles en todo o que poidamos, pero desde a nosa posición é moi difícil xestionar máis inversión que o goberno do BNG, aínda que nalgúns casos é o que está a acontecer.” destaca o voceiro popular, Dani Vega.

DEMANDAS URXENTES

O voceiro explica que o escrito foi enviado pola Asociación de Veciños de Ove o 6 de xullo deste ano, e ata o momento non hai resposta por parte do goberno do BNG.  “Son oito puntos nos que se reclama unha serie de inversións na parroquia e solucionar problemas do día a día que acontecen nela” di Vega.

O escrito establece que o día 5 de xullo de 2022 celebrouse unha Asamblea Xeral da Asociación para remitir as demandas presentadas polos veciños. Entres elas está a necesidade urxente da conexión á rede de sumidoiros nos barrios do Chao, Eirexa e Santa Cruz, o empalme na canalización que abastece de auga á area recreativa de Santa Cruz para instalar unha canalización que de servizo ás vivendas que non lles chega a auga.

Por outra banda, expoñen tamén a urxencia na reparación de pistas, asfalto e limpeza de cunetas en diferentes camiños das parroquias, a colocación de dous puntos de luz en estradas moi frecuentadas, pintar o muro do cemiterio, o selado do pozo da fonte do Valín pola perda de case toda a auga que recibe, levar a debate o cambio do nome do barrio da Chousa que co cambio realizado polo Concello pasou a denominarse simplemente Ove e a limpeza e acondicionamento do camiño que vai desde a casa da Carballeira ata a rotonda da Vilavella.

camino parroquia ove ribadeo fochanca