O PP de Ribadeo lamenta "o despilfarro de diñeiro público realizado polo Goberno do BNG"

AMariñaXa
O grupo municipal popular de Ribadeo lamenta o despilfarro de diñeiro público realizado polo Goberno do BNG
valla publicitaria ribadeo
valla publicitaria ribadeo
14 abr 2023

O grupo municipal popular de Ribadeo lamenta o despilfarro de diñeiro público realizado polo Goberno do BNG e alude a unha falta de responsabilidade clara pola súa parte. Neste sentido, os populares fan referencia a unha valla publicitaria colocada polo Concello na estrada do Faro no que se critica a actuación da Xunta de Galicia na conservación e mantemento do tramos San Cibrao-Ferrol . “Unha valla supostamente reivindicativo que colocaron ao lado duns contedores do lixo absolutamente esnaquizados, aínda que o raro sería encontrar uns contedores ben coidados claro”, explica a coordinadora de promoción local Marta Saiz.

Neste sentido, Marta Saiz lamenta que se gaste diñeiro público nunha acción electoralista: “É indignante o despilfarro e a falta de responsabilidade coa que este goberno administra o diñeiro público, porque, a non ser que se pague coas dedicacións exclusivas, vai pagarse co diñeiro de todos os veciños e veciñas de Ribadeo”. A coordinadora de promoción local, cre que esta valla é unha forma de manipulación máis do goberno do BNG pois “saben perfectamente que a autoridade portuaria vai actuar en todo o tramo con novo pavimento, aparcamentos e carril bici”.

Saiz lamenta que “utilicen o diñeiro público para manipular con carteliños” pero “non ven a necesidade de colocar papeleiras en toda a estrada do Faro”. Ademais, resalta que “deberan investir en xabón para lavar os contedores nesta Semana Santa. Reivindican o arranxo dunhas fochancas que saben que xa se van arranxar pero non ven as fochancas e lameiros que eles chaman aparcadoiros”

Por outra banda, desde o grupo municipal non entenden que o goberno do BNG prohíba colocar vallas en toda a costa á iniciativa privada “pero sí para carteliños infantiloides”.