O PP de Ribadeo denuncia o mal estado dos areais e do entorno das prais en datas próximas a Semana Santa
A vicevoceira do grupo municipal popular de Ribadeo, Elena Sierra, denuncia o mal estado dos areais e do entorno das prais en datas próximas a Semana Santa. “Este goberno do BNG vive nunha realidade paralela. Presumen de ter un pobo limpo e moi conservado cando as súas rúas están sucias, sen baldear, os contedores máis do mesmo e as papeleiras...sorte se as hai”, explica Sierra.
Para a vicevoceira o máis grave é o estado no que se atopa o areal da praia das Catedrais. “Só fai falta pasarse por alí para ver como o teñen coidado. Sinais rotas e cheas de óxido que non ven por culpa das pintadas. Como hai ausencia de papeleiras hai moito lixo en toda a contorna e o peor de todo, os baños seguen pechados”, di.
A popular explica que a apertura dos baños no entorno da praia é “algo imprescindible” en toda a época do ano pola afluencia de xente que frecuenta a praia e visitan en todas as estacións. “Non queremos imaxinarnos a imaxe que se levan do noso pobo. Menos presumir e máis traballar”, resalta Sierra.