O PP de Foz esixe a creación dunha comisión de tráfico para solucionar o caos circulatorio

Foz
AMariñaXa
Javier Castiñeira critica as decisións unilaterais do alcalde Cajoto, que xeraron graves problemas de mobilidade no municipio
falta_de_limpeza_foz
17 sep 2024

O Partido Popular de Foz, a través do seu voceiro Javier Castiñeira, solicitou a convocatoria inmediata dunha comisión de tráfico para abordar o que considera un "fracaso" nas medidas adoptadas polo alcalde Cajoto en materia de mobilidade. Segundo Castiñeira, as decisións unilaterais do rexedor causaron un caos circulatorio que chegou a "dividir o municipio en dúas partes mal comunicadas".

O voceiro popular subliña a necesidade de incluír nesta comisión representantes de todos os grupos da corporación, a Policía Local e os técnicos que elaboraron o plan de mobilidade, co obxectivo de atopar solucións de consenso. “Non se pode seguir tomando decisións sen contar coa opinión dos expertos e dos corpos que aplican as normas de tráfico”, afirmou Castiñeira.

Entre os problemas que sinala o PP de Foz está o cambio de sentido da rúa Irmandiños, que, segundo Castiñeira, "se fixo ás presas antes das eleccións e resultou ser un erro para a mobilidade". Ademais, denunciou o exceso de tráfico en rúas non preparadas para asumir tal carga, a ocupación de aparcadoiros por material de obra, e a división do núcleo urbano de Foz.

Para Castiñeira, o recente anuncio de Cajoto de realizar novos cambios no tráfico é unha "improvisación" que recoñece o fracaso das súas decisións iniciais. O voceiro popular insistiu en que "incluso os socios de goberno do alcalde non entenden as súas medidas", polo que ve imprescindible a creación dunha comisión para buscar solucións efectivas e consensuadas

0.18049120903015