O PP de Foz di que "non hai ningún problema para renovar á cesión ao Concello do edificio da residencia"

Foz
AMariñaXa
O grupo municipal do PP trazou a folla de ruta para resolver o problema da Residencia de Anciáns de Foz, e, seguindo o previsto, propiciou unha reunión dos voceiros municipais co responsable do Consorcio, segundo explica, o portavoz popular, Javier Castiñeira: “O grupo municipal do PP asistiu no día de hoxe a unha reunión entre os voceiros da corporación municipal de Foz e o xerente do Consorcio Galego de Benestar, da que saímos satisfeitos, como sempre saímos desta casa”.
29 dic 2022

Engade que “sempre saímos satisfeitos dende que solicitamos no seu día, cando estabamos no goberno local, a construción dunha  residencia e o seu equipamento e así se fixo; dende que solicitamos a cesión do edificio, para que a residencia fora municipal e así podee facer unha transición entre o asilo e a permanencia dos residentes e dos traballadores; e así se fixo dende que no día de hoxe pedimos esta reunión urxente para tratar de resolver o problema da residencia de anciáns”.

Castiñeira sinala: “comprobamos que non hai ningún problema para renovar esa cesión; tampouco parece haber maior problema para chegar a un acordo para chegar á cesión definitiva. Entendemos que unha vez dadas estas circunstancias o Concello de Foz ten que sacar a licitación canto antes o novo concurso, que xa o deberá ter feito hai catro meses, así como a decisión de recibir catro anos esta residencia; non o fixo e agora imos bastante apurados, pero estamos contentos”.

Os populares destacan que aproveitaron “a reunión para pedir ao consorcio a posibilidade de financiar algún equipamento a maiores e creo que hai boa vontade”.

Castiñeira di que, seguindo a folla de ruta marcada polo PP, “o Concello, unha vez avanzado co Consorcio, canto antes, ten que poñerse a negociar coa empresa, que foi o que eu mesmo lle pedín no seu día a Cajoto, cando quixen falar con el para tratar de acercar posturas”. “Espero -di Castiñeira- que haxa tamén boa vontade pola empresa; con todo iso, a folla de ruta trazada polo PP é a máis segura para manter esa tranquilidade que necesita a día de hoxe a Residencia de Foz”.