O PP de Foz consegue unha axuda para mellorar a accesibilidade do cemiterio parroquial

Foz
AMariñaXa
O PP de Foz consegue unha axuda da Xunta de case 15.000 euros para mellorar a accesibilidade do cemiterio parroquial.
Foz A Xunta aporta case 15.000 euros para o cemiterio Javier Castiñeira, candidato do PP á alcaldía
Foz A Xunta aporta case 15.000 euros para o cemiterio Javier Castiñeira, candidato do PP á alcaldía
24 Maio 2023

O PP de Foz consegue unha axuda da Xunta de case 15.000 euros para mellorar a accesibilidade do cemiterio parroquial. O portavoz e candidato á Alcaldía polo PP, Javier Castiñeira, sinalou “a petición da directiva do cemiterio parroquial de Foz, que necesitaba o financiamento dunhas obras importantes, de accesibilidade, mediamos para que foran financiadas por parte da Xunta de Galicia. En días pasados confirmóusenos o totalmente financiamento dese proxecto por parte da delegación da Xunta de Galicia en Lugo, segundo nos informou o delegado, Javier Arias”.

Castiñeira di “estamos contentos de ter feito o mesmo que fixemos durante todo este mandato, que é intentar, dende a nosa posición, traer investimentos para Foz, a veces, potentes, grandes, como o da depuradora ou os correspondentes aos arranxos dos colexios. Neste caso estamos a falar dun investimento de case 15.000 euros, que é importante porque afecta á vila de Foz, ao seu cemiterio, e que veñen moi ben para arranxar algo tan básico como é a accesibilidade”.

0.18639802932739