O PP de Burela sinala o atraso das obras de reafirmado en varias rúas
Os concelleiros do PP inciden unha vez máis “na pésima planificación do bipartito encabezado pola señora López Moreno á hora de realizar obras en Burela”. Os populares advirten que “nesta ocasión provocou o atraso de ata 2 semanas nas obras de reafirmado nas rúas da parte baixa da vía do tren”. O portavoz, Manuel Rouco, afea que para o goberno local “a culpa sempre sexa doutros”.
Neste caso, son os veciños e veciñas de Burela que non fixeron caso á “pésima e mal planificada” sinalización feita polo propio goberno nesta zona. O popular sinala que “a falta de planificación provocou o enfado da empresa contratista que decidiu levar a maquinaria ata que o goberno local se dignara a elaborar unha planificación axeitada das obras”. Dende o PP de Burela denuncia este proceder que “é moi habitual no que levamos de comezo de mandato en Burela: un suma e segue nos despropósitos do bipartito á hora de executar as obras na nosa vila .