O PP de Barreiros pide reabrir "con seguridade" os accesos a praia de San Bartolo

AMariñaXa
O PP de Barreiros insta á alcaldesa a adoptar de inmediato as medidas de seguridade necesarias para reabrir os accesos a praia de San Bartolo, pechados dende 2021.
barreiros accesos praia san bartolo pechado 2023
17 Xul 2023

O PP de Barreiros insta á alcaldesa a adoptar de inmediato as medidas de seguridade necesarias para reabrir os accesos a praia de San Bartolo, pechados dende 2021.

Por terceiro verán consecutivo permanecen pechados tres accesos á praia de San Bartolo, no concello de Barreiros, debido a desprendementos de pedra e terra dos acantilados ocorridos nun deles no ano 2021.

"Á vista de que o goberno local non dá pasos para que sexa posible reabrir os accesos a esta praia", di o portavoz popular, José Manuel Gómez Puente, que anuncia que se presentará unha moción para que os responsables do Concello "saian da súa zona de confort e se poñan mans á obra para solucionar o problema". “Non se pode perder máis tempo, o Concello ten que pedir asesoramento técnico para adoptar as medidas de seguridade máis adecuadas”, sinala.

Os concelleiros populares tamén consideran necesario que o Concello terá que recoller con claridade, na ordenanza que regula o uso das praias de Barreiros, que o público non poderá aproximarse a menos dunha determinada distancia de seguridade ao acantilado de San Bartolo.

Gómez Puente recorda que a de San Bartolo é unha das praias emblemáticas de Barreiros, no entorno urbano o que propicia que sexa moi concorrida por veciños e turistas, con varios locais de hostalería que se ven afectados polo peche da praia.

Os populares anunciaron que ían facer unha oposición crítica pero construtiva, a favor dos intereses dos veciños de Barreiros, polo que vémonos na obriga de recordar que “goberno local deixou pasar o tempo sen facer nada, dende o 2021, para solucionar o problema producido polos derrubamentos. Tanto a alcaldesa como o seu equipo teñen que poñerse a traballar para adoptar as medidas de seguridade precisas para acondicionar os accesos e reabrir a praia de San Bartolo”, finalizou.

0.42156100273132