O PP de Barreiros di que "o Concello leva sen recoller o lixo nun contedor do barrio da Regueira dende as eleccións"

AMariñaXa
O BNG en Barreiros reforzou a candidatura para as municipais de maio coa incorporación de cinco persoas de diversos perfís
Lixo sen recoller en San Cosme de Barreiros 21 febreiro 2024
22 Feb 2024

O PP de Barreiros insiste en reclamar ao Goberno local que recolla o lixo do colector instalado polo propio Concello preto de tres vivendas do barrio da Regueira, en San Cosme de Barreiros, porque “non non se volveu retirar o lixo deste punto de recollida desde as pasadas eleccións municipais”.

Atendendo ao malestar dos veciños, os populares xa teñen dado trasladado dende entón ao goberno local do BNG en varios plenos e tamén fixeron pública a denuncia o pasado mes de setembro; pero “cinco meses despois o goberno local segue sen facer caso ningún”. É por iso polo que o portavoz, José Manuel Gómez Puente, considera “sangrante” esta situación toda vez que “a recollida do lixo é responsabilidade do Concello”.

O popular sinala que “a falta de recollida do lixo nese punto obriga aos veciños a desprazarse costa arriba para poder facer uso doutro contedor”. Polo tanto, condena “a falta de sensibilidade, o trato desigual con estes veciños e, sobre todo, o pasotismo á hora de atender as súas responsabilidades”.

0.12268495559692