O PP de Barreiros alerta das fochancas en estradas de acceso a vivendas

AMariñaXa
Os populares advirten do risco para a seguridade viaria e reclaman actuacións urxentes nas vías municipais
Barreiros-fochancas-xaniero-2026
5 Feb 2026

O Partido Popular de Barreiros vén de denunciar o mal estado de varias estradas que conectan diferentes barrios e parroquias do municipio, incidindo nas dificultades que esta situación provoca aos veciños que as utilizan diariamente. Segundo sinalan, a presenza de fochancas e baches de gran tamaño supón un risco para a seguridade vial e compromete a comodidade dos residentes, especialmente en zonas rurais onde o tránsito é frecuente.

Entre os tramos máis afectados destacan a estrada do barrio dos Campos, en San Miguel de Reinante, e a un camiño da parroquia de San Xusto que comunica o barrio do Morteiro co barrio de Ibia, onde se atopa unha fochanca especialmente grande preto dunha granxa, segundo trasladaron os propios veciños aos representantes do PP.

Os populares instan ao goberno local a realizar melloras de forma inmediata, mesmo de maneira parcial, tapando as fochancas máis perigosos, xa que esperar á reparación integral das vías podería prolongarse durante moito tempo. As queixas recolléronse directamente da cidadanía, que reclama unha resposta rápida para garantir accesos seguros e transitables en todo o municipio.

⚙ Configurar cookies
0.07778000831604