O PP da Mariña lamenta que os alcaldes de PSOE e BNG lle dean as costas aos veciños afectados pola lei de xestión do litoral

AMariñaXa
Os socialistas da Mariña únense para defender os intereses da comarca fronte ao abandono do PP e anule o futuro desta comarca
José Manuel Balseiro na Comisión
José Manuel Balseiro na Comisión
23 Nov 2023

Os populares lamentan que os rexedores e representantes municipais do PSOE e BNG nos Concellos da Mariña non acudiran á reunión informativa convocada pola vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, en relación á Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.

Dende o PP explican que “estaban convocados á reunión os alcaldes e representantes municipais de todos os Concellos, independentemente da súa cor política; pero non apareceu ningún do PSOE nin do BNG”. E engaden que “estamos acostumados ao seu sectarismo político; pero, neste caso, negarse a asistir a esta reunión informativa á que estaban convocados é dar as costas aos seus veciños e veciñas e ás empresas da cadea mar-industria ou doutros sectores asentadas na costa”. É dicir, “vai máis alá da falta de respecto institucional coa Xunta” porque “o que están a amosar é total falta de empatía cos afectados pola incerteza que supón a presentación por parte do Goberno de Pedro Sánchez dun recurso de inconstitucionalidade contra a lei galega de xestión do litoral”.

Neste sentido, os populares denuncian “un novo agravio” a Galicia por parte do Goberno central poñendo como exemplo o País Vasco. “O PSOE pactou co PNV a transferencia dos medios persoais e materiais para a xestión do litoral sen reclamar a reforma do Estatuto vasco, pero a Galicia non lle permite xestionalo a pesar de que o noso Estatuto de Autonomía recolle as mesmas competencias que o do País Vasco”.

Tendo en conta que “Galicia ten as competencias para ordenar o seu territorio, incluído o costeiro, a Xunta defende a validez da normativa autonómica e está a preparar as alegacións ao recurso presentado polo Goberno de Sánchez” porque “pretende sacar da súa localización actual instalacións xa asentadas na liña de costa” que suporá “complicar máis o futuro da Mariña e do emprego”. Os populares cren, polo tanto, conveniente “defender en todas as instancias os intereses das empresas, entidades e cidadáns” para “darlles seguridade xurídica”.

0.30909705162048