O PP critica a falta de seguridade da LU-P-2803, ao seu paso por Lourenzá

AMariñaXa
Na vía, que “é moi estreita debido a que a Deputación aínda non realizou a roza da maleza” vehículos e peregrinos comparten a calzada que nestes meses
LU-P-2803-ao-seu-paso-por-Lourenzá
30 Aug 2024

O Partido Popular de Lugo critica ao Goberno provincial pola falta de mantemento nas estradas da provincia, especialmente na LU-P-2803 en Lourenzá. O voceiro provincial do PP, Antonio Ameijide, acompañado polos concelleiros populares Roberto Díaz e Sandra Gómez, realizou unha inspección na zona, constatando o mal estado da estrada que conecta Santo Tomé con Lindín.

Segundo Ameijide, a LU-P-2803 é unha vía moi transitada, xa que conecta varios núcleos de poboación e forma parte do Camiño do Norte, unha ruta cada vez máis popular entre os peregrinos. A preocupación dos populares céntrase na estreiteza da estrada en moitos tramos, situación agravada pola falta de roza da maleza, o que reduce aínda máis o espazo dispoñible para vehículos e camiñantes.

Os representantes do PP subliñaron a necesidade urxente de mellorar a seguridade na estrada, propoñendo a creación dunha senda peonil segregada nos puntos máis críticos. Ameijide sinalou que esta medida xa foi implementada noutras áreas con éxito, permitindo que peregrinos e peóns transiten con seguridade, separados do tráfico rodado.

Ademais, os populares reclamaron un mantemento adecuado da vía, que inclúa o reasfaltado dos tramos máis danados, o repintado da sinalización horizontal, e a poda das árbores e a roza da vexetación. Ameijide advertiu que a falta destas actuacións non só pon en risco a seguridade dos usuarios, senón que tamén afecta negativamente á imaxe da provincia entre os peregrinos que percorren o Camiño.

"A realidade é que o PSOE e o BNG teñen a provincia completamente abandonada, con estradas en mal estado e rozas sen realizar a piques de rematar o verán", denunciaron os populares, preguntándose que impresión levarán os visitantes cando volvan aos seus lugares de orixe.

0.16446805000305