O PP acusa ao BNG de non escoitar as queixas dos veciños polo mal estado das estradas

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O PP afea ao BNG “o seguidismo e submisión diante de Tomé, que leva aos seus alcaldes a estar calados diante as queixas dos veciños”
estado estradas provincia PP
23 Jul 2021

O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, denuncia “o seguidismo e a submisión co presidente da Deputación, o socialista José Tomé, dos alcaldes nacionalistas que gobernan concellos desta provincia; é moi lamentable ver como os veciños teñen que acudir aos medios de comunicación  para que se fagan eco das súas queixas polo mal estado das estradas provinciais que pasan por eses concellos, mentres os alcaldes gardan silencio”.

Castiñeira di que “un bo exemplo do que dicimos son os veciños de Veneira de Roques, en Brollón, onde o alcalde nacionalista non é capaz de que a Deputación resolva os problemas, neste caso, reparar a deteriorada LU-P 4707, que enlaza Pobra do Brollón, con Saa e Veneira de Roques”. O PP, lembra o portavoz popular, “xa levou o problema desta estrada ao pleno da Deputación nun rogo; é unha vía que, polo seu mal estado, crea moitísimos problemas aos veciños, especialmente  aos máis maiores”. O mesmo acontece, di, coa LU-P 4711, que vai de Piño a Pacios de Veiga.

A que se dá en Veneira de Roques, segundo lembra Castiñeira, “é a mesma situación que denunciamos a semana pasada en Muras, municipio tamén gobernado por un alcalde nacionalista; o mesmo fixemos tamén noutras ocasións en relación co concello de Barreiros e co de Ribadeo”. En opinión dos populares, “os alcaldes nacionalistas prefiren facer sociedade co PSOE, tanto no Deputación como nos concellos, a defender os verdadeiros intereses dos veciños, para que teñan unhas estradas que se adapten aos tempos e nas que non rompan os seus vehículos”.

Castiñeira sinala: “Hoxe quixemos estar cos veciños de Brollón para dicirlles que non están sós e que seguiremos reclamando que sexan atendidas as súas demandas: pedimos ao goberno da Deputación que faga caso do rogo presentado polo PP no pasado pleno provincial para que arranxen canto antes estas vías”. 

No PP din que unha vez máis se demostra que “ten que haber cambios na delegación de Vías e Obras da Deputación, porque non se pode xustificar unha malísima xestión como a de Tomé; non se pode xustificar a malísima xestión dun delegado ausente e non se pode entender que o BNG cale a boca  e non diga nada sobre un problema que tanto afecta aos veciños”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16427183151245