O Pleno de Foz pedirá a ADIF a mellora do mantemento da vía férrea

Foz
AMariñaXa
No pasado pleno do mes de maio o BNG de Foz presentou duas propostas ao Pleno, que foron aprobadas por unanimidade.
via feve foz tren
1 Xuño 2021

No pasado pleno do mes de maio o BNG de Foz presentou duas propostas, que foron aprobadas por unanimidade.

A primeira facía mención ao debate sobre o repagamento mediante peaxe das autovías de titularidade estatal. "Unha proposta xa plantexada polo PP cando gobernaba e que agora na oposición rexeita. Unha medida de carácter regresivo e cun impacto negativo que tería para as persoas usuarias das autovías, para a seguridade viaria e para a competitividade das nosas empresas. Por riba o Ministerio xa planificou tarifas, incluso para autovías proxectadas pero aínda non iniciadas, como é o caso da A-74 Barreiros–San Cibrao, a autovía eternamente prometida á comarca da Mariña, unha comarca que sufre ano tras ano incumprimentos reiterados en materia de infraestruturas, independentemente de que estas sexan responsabilidade do Estado ou da Xunta (segue ainda o corredor cantábrico prometido e asegurado por Nuñez Feijoo en estado de hibernación), ademais do agravio do Fiouco na A-8", din.

A segunda proposta foi para a mellora do mantemento das zonas anexas aos camiños de ferro do Concello. "Como poden comprobar os usuarios e preciso o eliminado da vexetación na plataforma e o entorno dos case 15 kilómetros de vía xestionados po lo ADIF no Concello de Foz para mellorar a imaxe, e especialmente previr incendios forestais como xa se teñen producido noutros puntos da rede ferroviaria de Galiza, e mesmo mellorar a seguridade ferroviaria", explicaron.

Ambas propostas acadaron a aprobación por unanimidade dos catro grupos do pleno de Foz.

0.10356187820435