O Plan Único 2022 da Deputación dotará á Mariña de 5 millóns de euros

AMariñaXa
A Deputación de Lugo inviste máis de 5M€ na comarca da Mariña co Plan Único 2022. As bases deste programa xa foron aprobadas
deputacion tome pazo san marcos
9 Jan 2022

Os concellos percibirán este recursos económicos para manter e mellorar servizos públicos e infraestruturas, fomentar o emprego e impulsar o tecido produtivo e asociativo

A Deputación de Lugo inviste máis 5M€ na Mariña a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2022. As bases xa foron aprobadas no Pleno de decembro e neste mes de xaneiro abrirase o prazo para que cada entidade local poida solicitar os investimentos e accións a financiar con estes fondos provinciais.

Os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove percibirán este recursos económicos para manter e mellorar servizos públicos e infraestruturas, fomentar o emprego e impulsar o tecido produtivo e asociativo, entre outras actuacións encamiñadas a atender as necesidades dos seus veciños e veciñas.

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, destaca que dende o inicio do mandato “incrementamos dotación económica do Plan Único”, a ferramenta “máis importante que ten a Deputación para a colaboración cos concellos” e, ademais, “cada ano melloramos as condicións para lles que sexa máis útil”. Neste sentido, como novidade, neste 2022 o Goberno decidiu simplificar a tramitación, de forma que os concellos só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, eliminando prazos intermedios.

Por segundo ano consecutivo, o Goberno provincial sacou adiante o Plan Único no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que tamén beneficia aos concellos, xa que lles permite planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, e desta forma aproveitar mellor os fondos.

A Deputación de Lugo aplica criterios que son públicos e obxectivos para a distribución dos fondos, como a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento. Ademais, fixa un máximo de 500.000€ para os concellos de máis habitantes e de 200.000€ para os concellos que teñen menos.

ALFOZ 274.196,80 €
BARREIROS 276.404,18 €
BURELA 376.404,19 €
CERVO 297.362,87 €
FOZ 429.621,41 €
LOURENZA 252.721,86 €
MONDOÑEDO 309.135,66 €
OUROL 305.960,67 €
PONTENOVA (A) 274.668,93 €
RIBADEO 450.612,27 €
RIOTORTO 238.089,60 €
TRABADA 253.891,01 €
VALADOURO (O) 288.261,69 €
VICEDO (O) 258.502,76 €
VIVEIRO 500.000,00 €
XOVE 279.051,89 €
TOTAL 5.064.885,79€

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17347693443298