O Pescados Rubén Burela revalidou o título de Copa da Raíña
O Pescados Rubén Burela FS volveu acadar o título da Copa da S.M. A Raíña impoñéndose ao Torreblanca Melilla por 1-3 nun partido xogado nas Rozas. O Torreblanca ascendeu este ano a 1º División e buscaba estrear o seu palmarés.
Este é o cuarto título de Copa e o terceiro que o conxunto burelista consegue de forma consecutiva, esta vez adestrado por Iván Cao e cos goles de Leti e o doblete de Dany.
O partido comezou tranquilo para adiantarse no minuto 8 por mediación de Leticia M. Cortes cun pase en profundidade de Jane Marqués e que tocou en na xogadora do Melilla Fabi.
A menos dun minuto do descanso Dany marcou o segundo gol cun pase de Camila Gadeia e facendo un disparo cruzado que pasou por debaixo de Sara.
Trala volta do descanso, a hispano-brasileira Dany cazou un saque das melillenses para convertelo en gol e así conseguir o 0-3 no minuto 23, o que fixo reaccionar ao equipo de Marcio Simeao que plantexou unha ofensiva de cinco para tentar darlle a volta ao partido. Non parecía equivocarse, xa que recortaban distancias moi pronto malia unha asistencia para Bia á area foi desviada a gol por Ale de Paz converténdose así no primeiro gol para o conxunto melillense.
Finalmente, soaba a bucina que indicaba o remate dun encontro no que as Guerreiras laranxas revalidan o seu título e volven reinar na Copa.
A capitá laranxa, Peque, alzou o trofeo entregado polo vicepresidente da Real Federación Española de Fútbol, Pablo Lozano.