O Pescados Rubén Burela permite desfrutar da maxia de Cilene por cuarta tempada

TerraChaXa | AMariñaXa
10 Xul 2019

A máxica Cilene Pereira Paranhos tamén continuará na Mariña. A peche brasileira cumprirá a súa cuarta tempada no Pescados Rubén Burela FS, converténdose na segunda renovación da escuadra, tras a meta Ana Romero, e sumándose ás pichichis, Peque e Dany, con contrato en vigor. 
A punto de cumprir 35 anos, a calidade e experiencia de Cilene constitúen un dos grandes puntais das Guerreiras. Tras alzarse como a máxima artilleira do conxunto hai 2 tempadas e ser recoñecida como Mellor Xogadora co Trofeo Viceroy 2017-18, a pegada da 6 burelista volveu entrar na Historia Laranxa en 2019, materializando o penalti que converteu  o equipo mariñán en campión da I Copa de SM A Raíña, o pasado 16 de xuño en Burela, fronte ao todopoderoso Futsi Atlético Navalcarnero. 
 
 

0.18970394134521