O Pescados Rubén Burela FS e o Parrulo Ferrol FS enfrentáranse este venres
Este venres 20 de xaneiro ás 21.15 horas o pabellón Vista Alegre de Burela será protagonista do derbi máis esperado do ano en 2ª División de Futsal Masculino.
O Parrulo Ferrol FS, actual equipo que entrena o máis clásico xogador e entrenador do Pescados Rubén Burela FS, Juanma Marrube, que ven por primeira vez a xogar contra o seu antigo equipo, contando con dous xogadores que veñen do mesmo, Hélder e Domingos, viaxarán esta fin de semana a Burela verse de novo as caras contra os chicos de David Rial, xa en segunda volta, donde se xogarán tamén o segundo posto na clasificación ao estar empatados con 31 puntos.
Cunha racha de 13 partidos sen perder, 11 de Liga, os "pícaros" do Pescados Rubén non darán tregoa ao equipo ferrolán, que leva 10 partidos ganados, un empate e 4 derrotas durante a tempada, fronte ao Burela FS con 9 vitorias, 4 empates e 2 derrotas, unhas cifras moi igualadas que nos vaticinan un encontro moi emocionante. Por elo, a pesar das horas, espérase grande afluencia de espectadorxs tanto burelenses como ferrolanxs.
O Pescados Rubén Burela FS - O Parrulo Ferrol FS será retransmitido pola RFEF.