O Pescados Rubén Burela convoca eleccións para o 28 de maio
AMariñaXa
O Pescados Rubén Burela convoca eleccións para o 28 de maio. A Xunta Directiva convoca a previa Asemblea Xeral Extraordinariao 10 de maio.
27 Abr 2021
A Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios para o luns 10 de maio de 2021.
A reunión terá lugar no pavillón Vista Alegre garantindo todas as medidas sanitarias e de seguridade de distanciamento social; a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30.
Nesta reunión farase a convocatoria de eleccións á xunta directiva e presidencia e a presentación de candidaturas, que será do do 10 ao 18 de maio, para formalizar as eleccións o 28 de maio. Por último formarase a mesa electoral.