O Pazo dos Deportes acollerá a Futsal Women´s European Champions

LugoXa | AMariñaXa
El Pazo dos Deportes de Lugo acollerá a Futsal Women´s European Champions con el Burela FS como anfitrión.
futsal women pazo deportes
30 Nov 2021

O deputado de Deportes, Efrén Castro, participou na presentación do Futsal Women’s European Champions, que se xogará do 2 ao 5 de decembro no Pazo dos Deportes, coas xogadoras do Burela FS como anfitrioas.

A competición reunirá as campioas de España, Rusia, Portugal, Italia, Rusia e Ucraína, convertendo Lugo nun referente do fútbol sala a nivel mundial, como se sinalou no acto de presentación celebrado esta mañá no Hotel Torre de Núñez, no que participaron o presidente do club mariñao, Manuel Blanco, e o deputado de Deportes, Efrén Castro, ademais de representantes da Xunta de Galiza e da Federación Galega de Deportes

Efrén Castro referiuse a cita como “un paso adiante no camiño cara a igualdade efectiva no deporte” xa que a competición xurde coa vocación de consolidarse no calendario oficial internacional, homologándose ás ligas e campionatos europeos que disputan os equipos masculinos.

Asi mesmo, o deputado puxo de manifesto e agradeceu “a implicación da comunidade deportiva da cidade de Lugo que utiliza as instalacións do Pazo e do Anexo para partidos e adestramentos” de cara a facilitar o desenvolvemento da competición.

Ademais, animou a todas as persoas afeccionadas ao deporte a achegarse ao Pazo durante esta semana para desfrutar do mellor fútbol sala do mundo e respaldar o deporte feminino”.

Horarios

02/12/2021
17.30 horas:  Benfica SL – WFC Tesla
20:00 horas:  Pescados Rubén Burela FS – Znk Osijek

03/12/2021
17:30 horas: WFC Tesla – Futsal Pescar Femminile
20:00 horas: Znk Osijek – MFC Normanochka

04/12/2021

16:15 horas: Futsal Pescar Femminile – Benfica SL
18:30 horas: MFC Normanochka – Pescados Rubén Burela FS

05/12/2021

Final
12.30 horas: Gañadoras Grupo A – Gañadoras Grupo B

0.16602611541748