O pavillón municipal ribadense acolleu un partido de baloncesto feminino pola igualdade
TerraChaXa | AMariñaXa
11 Mar 2019
O pavillón polideportivo municipal ribadense acolleu un partido de baloncesto feminino pola igualdade, que disputaron os equipos do CB Ría de Ribadeo e o CB Mieres. Este evento deportivo foi patrocinado pola Xunta de Galicia e contou coa presenza do deputado autonómico e candidato do Partido Popular á Alcaldía ribadense, Daniel Vega.
Durante o encontro houbo un moi bo ambiente e gañou o equipo local con un resultado de 33-26.