O pavillón de Lourenzá acollerá unha exhibición de patinaxe artística

AMariñaXa
Este domingo 29 ás 12.30 horas o pavillón do Concello de Lourenzá acollerá unha exhibición de patinaxe artística.
exhibicion patinaxe artistica lourenza 2022 maio 1
25 Maio 2022

Este domingo 29 ás 12.30 horas o pavillón do Concello de Lourenzá acollerá unha exhibición de patinaxe artística. Así, terá lugar a exhibición de final de tempada na que entre todo os participantes realizarán un total de 18 coreografías.

Será unha xornada do máis amena que terá unha duración aproximada de hora e media.

Sen lugar a dúbidas este será un día sinalado na traxectoria da escola laurentina e dende a directiva queren recordalo ao grande, polo que piden a toda a veciñanza que asista ao evento.

0.090375900268555