O Pavillón da Veiga acollerá o V Torneo de Voleibol “Concello de Cervo” o vindeiro sábado 27 de abril

TerraChaXa | AMariñaXa
25 Apr 2019

A cita foi presentada no propio escenario da competición, no Pavillón da Veiga, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, a edil de Xuventude, Dolores García Caramés, e por unha representación das catro categorías de voleibol que hai no seo das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo: alevín, infantil e cadete feminino; e xuvenil masculino.

Ao longo de toda a xornada xogaranse 12 partidos de xeito practicamente ininterrompido nas categorías anteriormente citadas, ata as 20:00 horas cando se prevé que sexa a entrega de trofeos e medallas.

No campionato participarán o EDM Cervo, o C.V. Narón Volea e o C.V. Emevé Lugo.

Unha das disciplinas que promoven as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo é o voleibol, que a día de hoxe conta cunha trintena de rapaces e rapazas adestrando, nos catro equipos que se formaron liderados por Samuel Donker, coa colaboración de Román Mon “que contaxian á xente moza do noso municipio a súa paixón por este deporte, que gaña adeptos ano tras ano”, tal e como precisou Villares.

Desde o Concello de Cervo animan a toda á veciñanza a achegarse durante esta xornada ao Pavillón da Veiga a desfrutar dunha gran xornada de voleibol.

0.12692523002625