O paso do Gran Camiño por Viveiro ocasionará cortes de tráfico este mércores no municipio

AMariñaXa
Afectará principalmente ao paso entre a ponte de Landrove, na LU-540, e a saída pola LU-862 en dirección a Xove
gran-camiño-2024
13 Apr 2026

O paso da segunda etapa do Gran Camiño por Viveiro ocasionará cortes de tráfico puntuais no municipio durante a xornada do mércores, 15 de abirl, segundo informan desde o Concello.

A proba, que sairá de Vilalba e rematará en Barreiros, pasará por Viveiro afectando ao paso entre a ponte de Landrove, na LU-540, e a saída pola LU-862 en dirección a Xove. En concreto, o percorrido discorrerá pola avenida de Ferrol, a Praza de Lugo e a Travesía da Mariña, para continuar, a partir da Porta de Carlos V, pola LU-862 cara a Xove.

Os cortes estímanse sobre as 12:35 e as 13:05 horas, en función da velocidade á que avance o pelotón, e durante ese tempo haberá restricións puntuais de tráfico ao paso da carreira nas vías afectadas.

Desde o Concello recomendan á veciñanza que teña en conta estas afeccións nos seus desprazamentos e que adopte as precaucións necesarias para facilitar o bo desenvolvemento da proba.

0.11754179000854