O Pasatempo de Mondoñedo programa o seu tradicional magosto

AMariñaXa
A música volve ser un dos sinais de identidade deste encontro, pois os asistentes tamén desfrutarán dunha foliada a cargo do grupo de música tradicional Os Carricantos
castañas-magosto
13 Out 2024

Na tardiña do 9 de novembro, a partir das 19.00, a veciñanza de Mondoñedo ten unha cita na Praza do Concello onde os membros da Asociación O Pasatempo estarán organizando o seu xa tradicional magosto popular. Na cita haberá viño, castañas e chocolate de balde. A música volve ser un dos sinais de identidade deste encontro, pois os asistentes tamén desfrutarán dunha foliada a cargo do grupo de música tradicional Os Carricantos. A proposta conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo e tamén da Deputación de Lugo.

Como citas deste colectivo mariñán mantéñense a Festa da Árbore, que celebraron no mes de abril e durante a que organizaron xogos cooperativos e talleres infantís, ademais da plantación de árboles e do recital de poemas con acompañamento musical. Neste día tamén entregaron os premios do XII Concurso da Árbore.

magosto mondoñedo
0.20043396949768