O Pasatempo de Mondoñedo pon en marcha unha nova edición da tradicional Festa da Árbore

AMariñaXa

O próximo sábado 13 abril a asociación O Pasatempo de Mondoñedo celebra outro ano máis a Festa da Árbore, que será no xardín da Escola Infantil A Galiña Azul.

festa_da_arbore_mondoñedo_portada
festa_da_arbore_mondoñedo_portada
9 abr 2024

O próximo sábado 13 abril a asociación O Pasatempo de Mondoñedo celebra outro ano máis a Festa da Árbore, que será no xardín da Escola Infantil A Galiña Azul.

O programa comeza ás 12.00 horas con xogos cooperativos e talleres infantís. A partir das 13.15 horas os asistentes poderán gozar da plantación de árboles e do recital de poemas con acompañamento músical.

Xa ás 13.30 hroas terá lugar a e entrega de premios do XII Concurso da Árbore. Ademais todos os que se acheguen á festa poderán desfrutar da exposición dos debuxos participantes no XII Concurso da Árbore.