O pádel volve á Pontenova
AMariñaXa
A Pontenova acollerá o cuarto Open de Pádel As Minas que terá lugar entre os días 14 e 18 de setembro, nas pistas do Boulloso.
25 Ago 2022
A Pontenova acollerá o cuarto Open de Pádel As Minas que terá lugar entre os días 14 e 18 de setembro, nas pistas ubicadas no complexo deportivo municipal do Boulloso.
A competición divídese nas categorías primeira feminina con cascada a segunda e en primeira masculina con cascada a segunda. Os gañadores levarán agasallos proporcionados polos organizadores da cita.
As inscricións custan 20 euros e son limitadas polo que a organización insta a chamar para inscribirse nos teléfonos 626 817 048. A data límite é o venres 9 de setembro.
A asociación cultural e deportiva As Minas organiza o encontro co que colabora o Concello pontenovés e varias empresas.