O Osa do Mar 2025 confirma as súas datas e ofrece descontos para os veciños de Burela

AMariñaXa
Trátase dunha iniciativa conxunta do Concello e da asociación organizadora do festival Fanto Fantini
osa-do-mar-burela-2024
26 sep 2024

O Osa do Mar 2025 xa ten as súas datas confirmadas. O festival terá lugar os días 5, 6 e 7 de setembro. Ademais, ata o domingo, 29 de setembro, mantense aberta unha promoción para persoas empadroadas en Burela.

As veciñas e veciños do municipio poderán desfrutar ata entón dun desconto no abono do festival en 2025. Este poderá ser adquirido por 30 euros empregando o código "BURELA" ao mercalo. Ao rematar o prazo do desconto comprobarase o empadroamento das persoas que o empregasen. Trátase dunha iniciativa conxunta do Concello e da asociación organizadora do festival Fanto Fantini.

0.16850781440735