O OMI organiza un ciclo de actividades sobre as mulleres no mundo

Foz
AMariñaXa
O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza para o mes de xuño a actividade Mulleres no mundo.. Dereitos sexuais e reprodutivos.
Observatorio da Marina pola Igualdade mulleres no mundo
Observatorio da Marina pola Igualdade mulleres no mundo
7 Xuño 2021

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza para o mes de xuño a actividade Mulleres no mundo. Dereitos sexuais e reprodutivos.  Trátase da proxección de tres documentais que achegan á cidadanía mariñá  a realidade vital de mulleres moi diversas e interpélannos a participar  activamente nun debate que trascende fronteiras, crenzas e clases sociais  nun momento no que os dereitos das mulleres vense ameazados en diversas partes do mundo.

Despois dunha breve presentación e contextualización do documental procederase á súa visualización e a continuación, realizarase  un coloquio e reflexión sobre diferentes aspectos abordados en cada documental.

Comezan o día 11 de xuño co documental Que sea ley que mostra as protestas convocadas por Marea Verde, movemento que impulsou a milleiros de mulleres a saír ás rúas e esixir a despenalización do  aborto en Arxentina. O documental puntualiza o vínculo ineludible  entre o político e o persoal. Foi premiado no 67º Festival de Cine de  San Sebastián.

O día 18 é a quenda para En deuda con todas, onde no ano 2018 a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social e a Asemblea de  Cooperación pola Paz realizaron este documental no que nos expoñen as  vivencias das mulleres a ambos lados do cárcere así como de diferentes  activistas salvadoreñas implicadas na despenalización do aborto no país  centroamericano. Contaremos coa presenza de compañeiras da Asemblea de cooperación pola paz.

Remataremos o día 25 con Womanhood, unha viaxe emocional na que Beryl Magoko, a directora deste documental, comparte as súas  sensacións máis íntimas, profundas e silenciadas con outras mulleres vítimas da Mutilación Xenital feminina.

Todas as proxecciós terán lugar na Casa de Cultura Manuel María en Foz  ás 20:30 horas.

Observatorio da Marina pola Igualdade
0.18570613861084