O novo miradoiro ribadense recibe o nome de Loctudy
AMariñaXa
O acto tivo lugar aproveitando a estadía que a expedición do país galo e está a pasar estes días no concello
15 Sep 2024
O novo miradoiro sobre a ría recibiu onte o nome de Loctudy, cidade francesa irmandada con Ribadeo. O acto tivo lugar aproveitando a estadía que a expedición do país galo e está a pasar estes días no concello ribadense.
O alcalde, Dani Vega, tivo palabras de agradecemento “para a asociación organizadora desta visita e tamén para Sargadelos, por esta espectacular placa que xa loce no Miradoiro Loctudy/Loktudi”.
O rexedor lembrou que “Loctudy e Ribadeo teñen moitas similitudes” e agarda que “ambos concellos sigamos afondando nos lazos que nos unen desde hai anos”.