O Mondoñedo FC logra o ascenso a Segunda Futgal con tres xornadas por disputar

AMariñaXa
O equipo mindoniense certifica a promoción sen coñecer a derrota tras a derrota do Muimenta no duelo fronte ao Abadín
Mondonedo-FC-escudo
23 Feb 2026

O Mondoñedo FC xa é equipo de Segunda Futgal cando aínda restan tres xornadas para o remate do campionato. O conxunto mindoniense certificou matematicamente o ascenso tras a derrota do Muimenta CF no encontro disputado fronte ao Abadín CF, un resultado que deixa sen opcións aos seus perseguidores na clasificación.

A tempada do Mondoñedo está a ser practicamente impecable. O cadro azulón mantense invicto ata o momento, demostrando unha gran solidez tanto en defensa como en ataque e unha regularidade que lle permitiu liderar a táboa con autoridade. Xornada tras xornada, o equipo foi consolidando unha vantaxe que agora se converte nun ascenso merecido.

O éxito non é froito da casualidade, senón do traballo constante do equipo e do corpo técnico, así como do respaldo dunha afección que acompañou ao equipo en cada partido. A falta de tres encontros, o Mondoñedo FC poderá afrontar o tramo final do campionato coa tranquilidade dos deberes feitos e co obxectivo de pechar a liga mantendo a condición de invicto.

A vila celebra xa un fito deportivo que devolve ao club a Segunda Futgal e que reafirma o bo momento do fútbol local.

0.084073066711426