O Mellor de cada casa: “O deseño xa está pensado dende o verán”

AMariñaXa
Entroido. Falamos con Rubé, que é un dos membros da asociación burelesa O mellor de cada casa, que xa teñen listo o disfraz da festa
burela o mellor de cada casa2
burela o mellor de cada casa2
5 feb 2023

Por Ana Somoza López.

Rubén é un dos membros da asociación burelesa O mellor de cada casa.

Quen forma a directiva da comparsa?

Eu son o secretario da asociación e nela formamos parte arredor dunhas 20 persoas. Malia que despois no desfile vamos 12 pois non a todo o mundo lle gusta desfilar. Pero todos somos importantes e traballamos xuntos para preparar o Entroido, aínda que non todos sexan caras visibles nos desfiles.

Canto tempo leva funcionando?

Pois este ano facemos o noso 20 aniversario. Comezou sendo un grupo moi grande e importante na comarca e co tempo foi evolucionando. Ao principio tiñan instrumentos reais, o que o fixo único na zona, e logo mudaron pola música indirecta. Como todo cambio e evolución ten a súa parte moi positiva pois agora centrámonos moito no disfraz e en variar cada ano a nosa vestimenta.

Cales son os obxectivos que perseguen?

O noso fin fundamental é o Entroido, pois traballamos durante todo o ano preparando os disfraces e roupas para a ocasión.

Contan con apoio municipal para as actividades?

Si. Gústanos destacar a colaboración que fai con nos o Concello de Burela, así como fai con outras asociacións do concello, tanto en instalacións, pois estamos usando locais municipais da praza antiga de abastos, coma en outros apoios que nos prestan.

Con canta antelación comezan cos preparativos?

Pois case sempre unha vez remata o Entroido que está en curso, xa nos poñemos mans á obra coa preparación do seguinte, pois son moitas elaboracións, conseguir material, coser, etc. De feito para este ano 2023 o deseño xa está pensado dende o verán e agora mesmo estamos inmersos na elaboración dos ‘atrezzo’s que levaremos e ultimando os detalles dos disfraces.

Como ou cando comeza?

Pois nos comezamos indo ao desfile de Foz, o máis representativo ou máis potente da Mariña, que será o sábado 18 de febreiro. E despois imos visitando o resto dos Entroidos, ao final facemos unha media de 8 ou 10 desfiles dependendo da climatoloxía e da xente.

De que disfraces tedes un lembranza especial?

Pois no meu caso a lembranza especial é do último Entroido, o do 2020, pois pouco tempo despois foi a corentena pola covid. Porque xa van 3 anos sen que participemos.

Cal é súa parte favorita desta festa?

Eu creo que a parte favorita de calquera comparsa é o desfile polo ambiente que se crea, polo ben que se pasa, por que levas meses traballando para ese día, etc.


Pódese consultar o resto de entrevistas de Entroido:

Comparsa Sin Xeito: “O noso obxectivo é desfrutar moitos anos máis da mellor festa de todas"

Uxía, raiña do Entroido de Foz: “É un privilexio e unha responsabilidade”

ACD As Minas: “A nosa festa caracterízase por contar cun ambiente moi familiar“ 

O Mellor de cada casa: “O deseño xa está pensado dende o verán”

Comisión de Festas do Vicedo: “Lanzaremos foguetes para marcar o comezo”

ACIAL Lourenzá: “Os rapaces preparan dúas carrozas espectaculares, animan e fan rir”

O Picato: “Contaremos con 3.000 euros en premios”

burela o mellor de cada casa1
O mellor de cada casa Burela Entroido 1
O mellor de cada casa Burela Entroido 2