O Maderas Barcia Lourenzá Cervo consegue dous bronces nos Campionatos Xunta de Galicia en Ourense

Ourense acolleu este fin de semana os Campionatos Xunta de Galicia en pista corta nas categorías sub-18 e sub-20, e o equipo Maderas Barcia Lourenzá Cervo fixo un brillante papel, conseguindo dúas medallas de bronce.
Na categoría sub-18, Sara Lecumberri subiu ao podio nos 3.000 metros lisos, acadando a terceira praza cun tempo de 11:13 minutos. A súa compañeira Clara Manuela Paz Méndez tamén tivo unha destacada participación, acabando en novena posición nos 60 metros vallas e en décima nos 400 metros lisos.
Pola súa banda, en sub-20, Iria Rodríguez tamén se fixo coa medalla de bronce nos 400 metros lisos, cun rexistro de 1:01.37 minutos. Carmen García, compañeira de Rodríguez, tamén destacou na súa categoría, acabando sétima nos 400 metros e sexta nos 60 metros vallas.