O Maderas Barcia Lourenzá Cervo consegue dous bronces nos Campionatos Xunta de Galicia en Ourense

AMariñaXa
Sara Lecumberri e Iria Rodríguez destacan no podio sub-18 e sub-20, mentres que Clara Manuela Paz e Carmen García tamén firmaron boas actuación
Escolas-Deportivas-Concello-de-Lourenzá-iria-rodriguez-BRONCE
19 Feb 2025

Ourense acolleu este fin de semana os Campionatos Xunta de Galicia en pista corta nas categorías sub-18 e sub-20, e o equipo Maderas Barcia Lourenzá Cervo fixo un brillante papel, conseguindo dúas medallas de bronce.

Na categoría sub-18, Sara Lecumberri subiu ao podio nos 3.000 metros lisos, acadando a terceira praza cun tempo de 11:13 minutos. A súa compañeira Clara Manuela Paz Méndez tamén tivo unha destacada participación, acabando en novena posición nos 60 metros vallas e en décima nos 400 metros lisos.

Pola súa banda, en sub-20, Iria Rodríguez tamén se fixo coa medalla de bronce nos 400 metros lisos, cun rexistro de 1:01.37 minutos. Carmen García, compañeira de Rodríguez, tamén destacou na súa categoría, acabando sétima nos 400 metros e sexta nos 60 metros vallas.

0.16850399971008