O Maderas Barcia Cervo organiza o vindeiro mércores 30 de agosto a carreira solidaria SANCI 5K
O Maderas Barcia Cervo organiza o vindeiro mércores 30 de agosto a carreira SANCI 5K, unha edición 100% sollidaria xa que a recadación será íntegramente doada para a recuperación da Carpintería de Ribera de San Cibrao, co obxectivo importante de contribuir a reconstruir a última carpintería de ribera da provincia de de Lugo e das últimas de Galicia para preservar o patrimonio cultural que ela posee.
As inscricións estarán abertas ata o domingo 27 de agosto e terán o precio de inscrición para carreira absoluta de 10 euros . A partir do venres 25 de agosto o abono será de 15 euros. As inscricións dos nenos que participan ó ser solidaria será de 2 euros (dende Pitufos sub8 ata Cadete).
Poderanse facer única e exclusivamente en www.championchipnorte.com.
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías e obsequios para os campións masculino e feminino empadroados en Concello de Cervo.
Así mesmo obsequiarase cunha camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes que figuran entre os 150 primeiros inscritos na proba ou ata fin de existencias.
A saída e a meta estarán situada na praza dos Campos ás 19.00 horas e comezará co a categoría Sub 8 masculina (non competitiva) e cada 5 minutos unha categoría ta ás 20.00 horas que será a absoluta.