O CD Lugo xoga os Cuartos de Final da Copa Federación contra o Viveiro
O Club Deportivo Lugo continúa coa súa pretemporada albivermella sumando enfrontamentos contra diversos equipos da comunidade galega. Desta maneira, no marco dos Cuartos da Fase Autonómica da Copa Federación, xogará este martes, 6 de agosto, contra o Viveiro CF a partir das 20.00 horas no campo de Cantarrana, no concello viveirense.
Ao formar parte o primeiro equipo do Club Deportivo Lugo de 1ª RFEF, quedou exento de participar na primeira ronda da Copa Federación e así enfrontarase en Cuartos de Final contra o Viveiro, despois de que este perdera na xornada do sábado contra o Rácing Vilalbés nos penaltis. Por outra banda, o Club Deportivo Lugo presenta ás 13.30 horas a Yayo González e Alberto Vaquero, novos xogadores do primeiro equipo, no estadio Anxo Carro.