O local da asociación de Santo Adrao, en Lourenzá acollerá un curso de ferramentas dixitais
AMariñaXa
A escola de música de Lourenzá prepara un novo proxecto, a Pituband. Unha nova banda infantil para menores de 16 anos.
10 Sep 2023
O local da asociación de veciños de Santo Adrao, en Lourenzá acollerá un curso de ferramentas dixitais para a actividade agraria.
Este taller terá unha duración de 12 horas e desenvolverase os días 25, 27 e 29 de setembro en horario de 16.00 a 20.00 horas e está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.
As inscricións poden facerse a través do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal ou dos teléfonos 982 121 376 e 698 159 667. O prazo remata o 15 de setembro.