O libro 'Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia' será presentado mañá en Lourenzá

AMariñaXa
O libro titulado Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia, escrito por Malores Villanueva Gesteira
Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia
3 Feb 2023

O libro titulado Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia, escrito por Malores Villanueva Gesteira, será presentado no Pazo de Tovar este sábado, 4 de febreiro, ás 18:00 horas.

Ademais da autora da publicación, no acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e Xosé Luis Fernández Rivera, membro da Mesa Coordinadora Don Paco.

Esta presentación está organizada polo Concello de Lourenzá, a Mesa Coordinadora Don Paco e Editorial Galaxia.

0.15335702896118