O laurentino Fer Vallines conquistou a medalla de bronce no Campionato de España indoor sub-20

AMariñaXa
O laurentino Fer Vallines, debutante na división sub-20, conquistou a medalla de bronce no Campionato de España indoor sub-20
Fer vallines sabadell 3
6 Mar 2023

O laurentino Fer Vallines, debutante na división sub-20, conquistou a medalla de bronce no Campionato de España indoor que se disputou en Sabadell o pasado sábado 4 de marzo.

O primeiro posto foi para Javier Cruz do Praias de Castelló, con 18,07, e o segundo para Mateo de Castro de Valladolid, con 16,94. O lanzador do Madeiras Barcia fixo unha marca de 15,77, superando nun metro o lanzamento que fixo hai dúas semanas para proclamarse campión galego, e situouse na terceira praza.

Así, o atleta do lanzamento de peso de seis quilos, superou por algo máis de 30 centímetros a Jorge Prida e ademais so incorreu nun nulo lanzamento facendo 15,17; 14,59; 15,22 e 15,15 nos seus outras oportunidades.

0.19320917129517