O laurentino Fer Vallines logrou o seu décimo ouro galego
AMariñaXa
O laurentino Fer Vallines logrou esta pasada fin de semana en Ourense o seu décimo ouro galego, todos eles en probas de lanzamento de peso.
22 Feb 2023
O laurentino Fer Vallines logrou esta pasada fin de semana en Ourense o seu décimo ouro galego, todos eles en probas de lanzamento de peso.
O atleta conseguiu lanzar a bola de 6 quilos ata 14.77 metros, case un metro por riba da súa mellor marca ata o momento, que era de 13.85 metros.
Este lanzamento supón o seu billete para o campionato de España sub20, que se celebrará en Sabadell os vindeiros 4 e 5 de marzo, e ademais converteo entre os mellores neste deporte a nivel estatal.