O laurentino Fer Vallines levará as cores vermellas ao Campionato de España xuvenil

AMariñaXa
O laurentino Fer Vallines defenderá a Galicia no Campionato de España xuvenil ao aire libre que se disputa este sábado en Valladolid.
Ribadense Brais Diaz Sala  Fer Vallines atletismo  3
3 Xuño 2022

O laurentino Fer Vallines defenderá a Galicia no Campionato de España xuvenil ao aire libre que se disputa este sábado 4 de xuño en Valladolid.

O atleta do Maderas Barcia Lourenzá será o representante no lanzamento de peso para a Federación Galega que levará 20 deportistas liderados pola lucense Xela Martínez.

Os 15.27 metros que conseguiu Vallines para gañar o ouro no autonómico de Pontevedra colócano na sétima posición do ranking nacional xuvenil.

0.19055199623108