O Komando Xoviético de Xove prepara a súa sexta marcha
AMariñaXa
O Komando Xoviético convida a participar da súa marcha en MTB polos montes e paraxes da localidade, o vindeiro 22 de outubro.
9 sep 2023
O Komando Xoviético convida a participar da súa marcha en MTB polos montes e paraxes da localidade, o vindeiro 22 de outubro.
Este ano a Marcha Xoviética chega a súa sexta edición e dende a organización animan a "ir pasar cos Xoviéticos un bo domingo de bici polo interior do concello de Xove, o que dará a ocasión de ver recunchos interesantes pese a tala masiva do eucalipto, obxectan".
A marcha non é competitiva, é apta para calquera persoa que practique o MTB a un nivel moderado. Este ano non pisarán a costa. Predominarán os sendeiros por diferentes tipos de paraxes. As zonas algo técnicas terán alternativas, "algún cortadiño, saltiño todos con escapatoria ou alternativa estarán sinalizados", engaden.