O karaoke das festas de Burela retransmitirase por internet

AMariñaXa
Concello de Burela e comisión organizadora das festas propóñenlle ás atraccións do recinto feiral que funcionen sen música
karaoke cantar
1 Xuño 2023

É a primeira vez na historia do certame que as actuacións se abren máis aló da casa de Cultura de Burela, polo que poderá ser seguido desde calquera parte da Mariña ou do mundo.

A retransmisión poderá seguirse a través das redes sociais da comisión de festas, que se encarga da organización do evento, e da delegación de Cultura do Concello de Burela.

Esta novidade permite que moita xente poida seguilo desde as súas propias casas sen necesidade de desprazarse, xa que en edicións anteriores o éxito da celebración foi tal que o aforo do adutorio de Burela completouse e moita xente non podía seguilo.

A emisión en streaming poderá seguirse tamén a través da canle de youtube arracadapro.

patronais burela 2023 cartel
0.059528827667236