O IV Cross Os Castros de Foz será esta fin de semana
A Run Foz Run en colaboración co Club Atletismo Ría de Foz organiza unha nova edición do Cross Os Castros, que chega a súa cuarta edición e celebrarase o vindeiro día 22 de outubro a partir das 16.30 horas.
A proba, que será nas inmediacións do campo de fútbol de Cangas de Foz, comezará ás 16.30 coa absoluta de 5.100 metros, ás 17.20 os 1.700 metros das Sub14 e Sub15, ás 17.40 serán os 700 metros das Sub10, e ás 17.45 horas os Sub8 percorrerán 200 metros.
Poderán participar na categoría absoluta todas aquelas persoas nacidas dende o ano 2007 (incluído) que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización.
A entrega de dorsais do cross popular farase na carpa da organización de 15.00 a 17.30 que estará situada no Campo de Fútbol de Cangas de Foz.
Tanto os absolutos como os cativos deben inscribirse na seguinte ligazón.