O III Trail do Caolín ao Fuciño do Porco será este domingo 21 de maio
Presentouse na praia de Vidreiro a terceira edición do Trail do Vicedo, que se celebrará o vindeiro domingo 21 de maio. Asistiron o alcalde do Concello do Vicedo, Jesús Novo Martínez, Raquel Sánchez Pulgar, irmá de Natalia Sánchez Pulgar, impulsora deste Trail en 2019 e falecida correndo en 2021, e integrantes do Club Peña Lar Trail e Montaña, coorganizadores da proba.
Durante a presentación informouse de que o próximo 17 de maio será o último día para poder anotarse ás probas (andaina, Trail 28K e Trail 15K) e que para a andaina quedan poucas prazas xa. O percorrido pasará pola costa do Vicedo dende leste a oeste, comezando no entorno do Fuciño do Porco e rematando no Porto do Vicedo tras pasar por varias praias do municipio..
Esta proba deportiva, que se celebrará o 21 de maio e homenaxeará a Natalia Sánchez Pulgar, terá dúas distancias para Trail e unha para a andaina.
Esta proba repartirá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, para os máis veteranos e o máis novo.
Os horarios de saída serán ás 9.30 o trail longo, seguido da andaina á mesma hora e ás 10.30 o trail curto. Para o trail curto e andaina puxéronse autobuses para achegar aos participantes á zona de saída 1 hora antes das saídas.